IHF Men's Junior U21 World Championship
Enjoy the competition!
© 2019. All rights reserved | Developed by TOOOLS.

SAÚDO DO SECRETARIO XERAL PARA O DEPORTE, JOSÉ RAMÓN LETE LASA,CON MOTIVO DO MUNDIAL JÚNIOR DE BALONMÁN

Como non lembrar aquel 30 de xullo de 2017. Como esquecer aquel minuto 60, co partido rematado e cun empate a 34 no marcador, no que Dinamarca dispuña dun lanzamento de 7 metros para deixar á selección española sen coroa mundial. Como non acordarse daquela perna dereita que o porteiro galego Xoán Ledo elevou acrobaticamente para mandar á final do Campionato do Mundo Júnior á prórroga. Como non recordar eses segundos finais do tempo engadido, cando unha nova parada de Xoán Ledo permitiu a Dani Dujsdhebaev realizar un lanzamento afastado co que gañar o partido 39-38 e acadar para España o primeiro Mundial Júnior de Balonmán. Son recordos que quedarán gravados na retina por sempre.

Todo isto e máis poderase vivir do 16 ao 28 de xullo en Galicia. Porque as cidades de Pontevedra e Vigo recollen o legado de Alxeria para celebrar o Campionato do Mundo de Balonmán Júnior 2019.

Un evento que converterá a Pontevedra na capital mundial do deporte xa que neste mesmo ano terán lugar na cidade do Lérez os Campionatos do Mundo de Tríatlon Multideporte que porán en xogo cinco campionatos mundiais como os de dúatlon, acuatlon, aquabike, tríatlon de larga distancia e tríatlon cross. E posteriormente, a capital da provincia pontevedresa tamén acollerá o Campionato de Europa Júnior de Loitas Olímpicas.

Galicia sempre se identificou pola calidade dos seus deportistas pero tamén pola boa xestión realizada polos organizadores das probas e eventos deportivos. De feito, este Mundial Júnior de Balonmán xa se disputou en Vigo e Pontevedra hai 30 anos, en 1989, resultando un auténtico éxito deportivo, social e turístico.

Desde aquel mundial moitas cousas teñen cambiado. En 1989 España perdía a final do seu campionato contra a Unión Soviética. Hoxe, a Unión Soviética está disolvida e España defende o título acadado en 2017, sendo unha das favoritas das 24 seleccións que disputarán o torneo entre as que destacan grandes potencias como Francia, Alemaña, Croacia, Serbia, Hungría ou Tunisia.

Desde a Secretaría Xeral para o Deporte apoiamos todo tipo de eventos que sitúen á nosa comunidade na vangarda do século XXI. Estes campionatos revalorizarán a excelencia do noso deporte e a nosa posición como referentes no eido do turismo deportivo. Agardámosvos a todos e a todas a mediados do mes de xullo en Pontevedra, unha terra de tradición e de balonmán.

SALUDO DEL SECRETARIO GENERAL PARA EL DEPORTE, JOSÉ RAMÓN LETE LASA, CON MOTIVO DEL MUNDIAL JÚNIOR DE BALONMANO

 

Como no recordar aquel 30 de julio de 2017. Como olvidar aquel minuto 60, con el partido finalizado y con un empate a 34 en el marcador, en el que Dinamarca disponía de un lanzamiento de 7 metros para dejar a la selección española sin corona mundial. Como no acordarse de aquella pierna derecha que el portero gallego Xoán Ledo elevó acrobáticamente para mandar a la final del Campeonato del Mundo Júnior a la prórroga. Como no recordar esos segundos finales del tiempo añadido, cuando una nueva parada de Xoán Ledo permitió a Dani Dujsdhebaev realizar un lanzamiento alejado con el que ganar el partido 39-38 y conseguir para España el primer Mundial Júnior de Balonmano. Son recuerdos que quedarán grabados en la retina por siempre jamás.

Todo esto y más se podrá vivir del 16 a 28 de julio en Galicia. Porque las ciudades de Pontevedra y Vigo recogen el legado de Argelia para celebrar el Campeonato del Mundo de Balonmano Júnior 2019.

Un evento que convertirá a Pontevedra en la capital mundial del deporte ya que en este mismo año tendrán lugar en la ciudad del Lérez los Campeonatos del Mundo de Triatlón Multideporte que pondrán en juego cinco campeonatos mundiales como los de duatlón, acuatlon, aquabike, triatlón de ancha distancia y triatlón cross. Y posteriormente, la capital de la provincia pontevedresa también acogerá el Campeonato de Europa Júnior de Luchas Olímpicas.

Galicia siempre se identificó por la calidad de sus deportistas pero también por la buena gestión realizada por los organizadores de las pruebas y eventos deportivos. De hecho, este Mundial Júnior de Balonmano ya se disputó en Vigo y Pontevedra hace 30 años, en 1989, resultando un auténtico éxito deportivo, social y turístico.

Desde aquel mundial muchas cosas han cambiado. En 1989 España perdía la final de su campeonato contra la Unión Soviética. Hoy, la Unión Soviética está disuelta y España defiende el título conseguido en 2017, siendo una de las favoritas de las 24 selecciones que disputarán el torneo entre las que destacan grandes potencias como Francia, Alemania, Croacia, Serbia, Hungría o Túnez.

Desde la Secretaría General para el Deporte apoyamos todo tipo de eventos que sitúen a nuestra comunidad en la vanguardia del siglo XXI. Estos campeonatos revalorizarán la excelencia de nuestro deporte y nuestra posición como referentes en el campo del turismo deportivo. Os esperamos a todos y a todas a mediados del mes de julio en Pontevedra, una tierra de tradición y de balonmano.

SUBIR